Vivas
''Vivas'' é moito máis que un documental, é un berro de esperanza, unha viaxe de renacemento en que, a través da metodoloxía Máis ca vida, do actor Rubén Riós, que emprega as artes escénicas e o audiovisual como ferramentas de transformación, 14 mulleres superviventes da violencia de xénero reescriben a súa historia, afastándose da dor para abrazar o autodescubrimento e o apoderamento. ''Vivas'' rompe cos relatos tradicionais, deixa atrás a victimización para dar paso á forza, á luz e á vida. Unha obra visual e emocional que transforma feridas en arte e silencio en voz, porque despois da escuridade sempre hai lugar para a luz.