Verde, a cor da soidade
· TVG2 · 1 h 25 min
Película documental sobre o abandono do rural, participada pola Televisión de Galicia e producida por Trabada en 2020. No filme, Manuel é o único habitante dunha aldea que foi baleirándose co paso do tempo. Manuel vive en soidade e esquecido pola sociedade. Protagonista dunha forma de vida case desaparecida, vive nunhas condicións de vida moi básicas, atormentado polas lembranzas do que foi e o que é a súa vida. Ao longo de catro anos, o realizador Alberto Trabada gravou as paraxes e as xentes que viven na montaña lucense.
This product uses the TMDB API but is not endorsed, certified, or otherwise approved by TMDB.